PURITA CAMPOS

Unha das ilustradoras máis relevantes da historia do cómic español ven de falecer o pasado mes de novembro aos 82 anos. 

pura campos
Purita Campos e a portada de 'Esther cumple 40'. Foto: Planeta e Espasa.

Pura Campos estudou Belas Artes, e levou as tendencias da moda ao cómic cando ninguén o facía. Empezou debuxando modelos para a súa nai, que era modista, e pasou a traballar para outras modistas de Barcelona ata que a contrataron na editorial Bruguera cando aínda era moi nova.
Máis adiante probou sorte nunha editorial inglesa e así empezou "Esther y su Mundo", unhas viñetas para rapazas nas que unha adolescente contaba a súa vida. Un cómic semanal que se publicou en varios países desde 1971 ata 1988.

"Patty’s World", que así se chamaba o cómic en Inglaterra, vendía tiradas de 400.000 exemplares semanais, e aínda con esas cifras de vendas algúns dicíanlle: "para ser muller non o fas mal".

Pura Campos foi galardoada coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes no ano 2009,  e co Gran Premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona no 2013.

Cando lle preguntaban pola fonte da súa inspiración ela aludía directamente ao taller da súa nai, onde tiña revistas de moda estranxeiras coma Harper´s Bazaar ou Vogue. Gustáballe tanto a moda que chegou a ter a súa propia boutique.

No ano 2006 publicou novas aventuras de Esther (cunha protagonista adulta, divorciada e cunha filla), e reeditaron os seus anteriores traballos, pero cando a editorial Bruguera pechou montou unha academia de debuxo e pintura na que afirmaba pasalo mellor que debuxando cómics.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"