Día de castañas e de sustos!!!
Un ano máis, o Samaín volveu petar ás portas da biblioteca para enchela de historias de medo, tradición e ese toque de misterio tan noso. Coa chegada do outono e os días máis curtos, celebramos a nosa tradicional data entregando os premios do concurso de microrrelatos, banda deseñada e decoración de cabazas con eslogan . Cómpre dicir que nesta edición a participación foi un pouco máis escasa do habitual, mais, como ben sabemos aquí, a cantidade nunca vai en detrimento da calidade. Quen decidiu aceptar o reto demostrou un talento e unha imaxinación marabillosas: as propostas recibidas destacan pola súa orixinalidade e creatividade, e o xurado non o tivo doado para decantarse polos gañadores. Así, o relato gañador foi para Marián Chouciño Sánchez quen nos deleitou coa súa lectura: Pola súa banda, Noa Méndez Pose acadou o premio á mellor cabaza coa súa orixinal obra "Casada coa morte" : E finalmente, premiáronse cinco tiras cómicas na categoría de banda deseñada, cuxo des...