Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

LA LA LAND ou a que estás disposto a renunciar por lograr os teus soños!

Imaxe
 Hoxe traemos para cambiar un pouquiño a rutina das recomendacións de series, un filme. Trátase de La la land. A cidade das estrelas . A golpe dunha banda sonora memorable e dúas excelentes interpretacións por parte de Ryan Gosling e Emma Stone, o director Damien Chazelle constrúe unha obra memorable e que arrasou nos premios Oscar do 2017. Nunca fun un devoto dos musicais pero teño que dicir que cando saín do cine, as melodías non deixaban de arrolar na miña cabeza e desde aquelas en moitas ocasións regreso a escoitar as pezas maxistrais do autor da banda sonora, Justin Hurwitz.  Canto a historia: o amor de dous raparigos soñadores que intentan abrirse paso no difícil mundo do espectáculo; esa paixón loita por sobrevivir na selva que é o mundo de Hollywood pero...  Teredes que ver a película para coñecer o final.

CROMÁTICA

Imaxe
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea na Fundación Abanca, na Coruña. O efecto que as cores teñen sobre as persoas, as emocións e sensacións que provocan en nós, xogan un papel moi importante na nosa psicoloxía e no noso estado de ánimo. Esta exposición apórtanos optimismo, vitalidade, creatividade e a ilusión tan necesaria sempre e en especial nestes tempos. A mostra recolle algúns dos ilustradores máis destacados da creación contemporánea, tanto a nivel galego coma nacional e internacional, tendo especial presenza as mulleres ilustradores. Matilde Rodríguez exerce como comisaria da exposición, e a súa selección de obras de Agathe Sorlet, Coco Dávez,  Abi Castillo, Conrad Roset ou David Méndez Alonso conviven nesta mostra que pasa do abstracto ao figurativo con soltura e empregando sempre a cor como principal medio de expresión.  A ilustración abórdase na mostra en diferentes formatos e técnicas: videoxogo, témpera, colaxe, cerámica, animación...ofrecendo un percorrido din

PARA CREAR EN GALEGO

Imaxe
 Son varios os concursos literarios e culturais que nos están chegando estes días para que vos animedes a participar e amosar a vosa capacidade creativa en diferentes ámbitos:  - Concurso Contos de primavera ,  organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz e patrocinado por Calvo, é unha aportunidade para expresar o voso talento literario a través dun relato dunha extensión máxima de 2000 caracteres cunha temática relacionada con aspectos paisaxísticos, etnográficos, históricos ou patrimonias da Costa da Morte. O tempo úrxevos xa que o prazo remata o 30 de abril, mais aínda estamos a tempo de presentar as vosas creacións.  - Tamén de relatos vai o 6º Concurso  "Balbino" , neste caso tedes ata o 30 de xuño para presentar un relato  máis ambicioso e optar a un premio que ascende aos 1500 euros así como a publicar a vosa obra. Toda a información podedes atopala  facendo clic no seguinte enlace  6º Concurso "Balbino" de Relatos .  - IV Concurso de Booktrailers , un certa

NOVAS LECTURAS NOS CLUBS

Imaxe
 Entramos xa no trimestre final do curso e os diferentes clubs de lectura seguen a estar moi activos, novas lecturas y tamén proxectos relacionados coas anteriores agroman nestes días.  O club de lectura de 1º de ESO rematou coa súa segunda lectura, Invisible de Eloy Moreno e está a pensar no seu próximo libro, mentras seguen a rematar os proxectos relacionados tanto co primeiro libro Plan de rescate como coa obra de Eloy Moreno.  Con esta novela, que está a ter un enorme éxito entre o público xuvenil, tivemos a oportunidade de reflexionar sobre bullying Mentras o club de lectura de 2º ESO segue pendente do encontro previsto coa autora da súa primeira lectura, Eli Ríos, así como xa comezaron coa seguinte lectura, Europa Express de Andrea Maceiras. Por outra banda, os participantes do club de lectura de ciencias iniciaronse tamén na súa segunda novela, A evolución de Calpurnia Tate. Calpurnia, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que súa nai insiste en que a

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Imaxe
Hoxe estamos de festa! Hoxe o libro está de celebración, e iso fainos unha especial ilusión a todas as persoas amantes da lectura. Este ano é algo especial, cada un coas nosas circunstancias vemos mermadas as nosas actividades no exterior polas limitacións derivadas da pandemia. Moitas escolas en todo o mundo están ou estiveron pechadas e as persoas en xeral pasamos mais tempo nas nosas casas. É unha oportunidade estupenda para deixarnos levar pola lectura. Sempre temos algún libro desexando ser lido no vagón de cola, ou incluso algún do que nos apetece unha segunda lectura...ou terceira... O 23 de abril é un día especialmente simbólico para a literatura mundial xa que ese día, no ano 1616, morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tamén coincide co nacemento ou pasamento doutros escritores ilustres.  Por este motivo, no ano 1995, a UNESCO decidiu proclamalo como "Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor". Cada vez mais países súmans

CERVANTES AND SHAKESPEARE

Imaxe
                                                                                                                          Cervantes and Shakespeare  In twelve days we will be celebrating World Book Day, celebrated on the 23rd of April since 1995.  This date was chosen because  it marks the death of two major writers: William Shakespeare (1564-1616) and Miguel de Cervantes (1547-1616).  However, this is not completely true. Therefore, we would like to clarify this "misunderstanding." Although the two writers were contemporaries, they did not actually pass away on the same day, since the United Kingdom and Spain had different calendars at the time: the Julian and the Gregorian respectively. In 1582, Pope Gregory XII moved the Gregorian calendar forward by 10 days. France, Spain and Italy adopted it immediately, but England didn't do it until 1752, keeping the Julian calendar, which was created by Julius Caesar. That's why, from an English point of view, Shakespeare died

AMAR NON TEN LARANXAS

Imaxe
  Foi o sábado pasado, 3 de abril, no centro cívico de Malpica: unha pequena introdución e a lectura dramatizada dalgúns fragmentos. Coas limitacións que impón o coronavirus, a asociación Caldeirón presentaba unha edición de Amar non ten laranxas moi coidada, desas nas que o propio libro é obxecto artístico. Unha oportunidade para coñecer esta peciña teatral, ademais da publicada no 1994 nos cadernos da escola dramática galega, que se inclúe en edición facsímil. Con portada do fotógrafo Peter Schneider e deseño de Abraham Vila, a obra camiña entre a lenda e o relato oral nas áreas costeiras que falan de afundimentos provocados nos tempos da fame. Ficción ou non, unha interesante reflexión sobre o difícil que é manter a ética cando a fame revira os intestinos. Tampouco fala o amor e a metaliteratura, as alusións aos grandes clásicos ambientados nas viaxes… Unha lectura recomendable para este terceiro trimestre.