Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

Visita á Coruña

Imaxe
  Para conmemorar o día do libro e como mostra de agradecemento polo traballo realizado do noso alumnado voluntario na Biblioteca e dos clubs de lectura, este curso visitamos a magnífica biblioteca do Ágora e a editorial Bululú na Coruña. Foi unha viaxe moi interesante onde puidemos coñecer o funcionamento dunha blioblioteca doutra escala, adicada ao seu barrio e á cidade, ademais de asomarnos ao mundo editorial da man de Xosé Duncan, editor de Bululú; unha pequena editorial onde o bo facer nos achega a literatura de calidade. Repetiremos!  

Semana Cultural 2023

Imaxe
  Na Semana Cultural celebrada no noso centro do 11 ao 14 de abril , tivemos a oportunidade de escoitar aos nosos ex alumnos as súas experiencias sobre os estudos superiores e a vida laboral que están a vivir.  O encontro foi moi produtivo para o noso alumnado de Bacharelato.  Grazas pola visita!

ECONTROS PLAMBE 22-23.

Imaxe
  Coma todos os anos, o noso centro participou nos encontros do Plambe do presente curso 22-23.  Viñemos cargados de novas ideas e impresionados da poñencia de Carlos Alberto Scolari que nos mostrou o presente da man da IA, xa non é o futuro, está aquí e chegou para quedarse. Os encontros pechounos Helena Villar Janeiro que nos deu impulso aos docentes, coas súas palabras e enerxía, para seguir traballando con forza, aínda que moitas veces o contexto non sexa o máis favorable.     

VENRES MUSICAIS- MARZO.

Imaxe
  O venres 31 de marzo tivemos a sorte de seguir escoitando o talento que se agocha nas nosas aulas, esta vez con Xandre González Pombo.