Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

DÍA DE ROSALÍA (23 de febreiro)

Imaxe
       Este venres, durante o recreo celebramos na biblioteca unha homenaxe á nosa escritora Rosalía de Castro. O programa da actividade foi o seguinte: Presentación do acto a cargo do alumnado de Ponte na onda. Radio. De seguido, Uxía Blanco de 2º ESO A interpretou as pezas musicais Rosalía pequeniña e No bico un cantar . Posteriormente, o alumnado de Oratoria de 3º ESO leu os seguintes poemas da autora: "Hei cantar", "O Xan" e "Eu cantar cantei". Para  finalizar, Lucía Sande de 4º ESO interpretou a capela o poema "Negra sombra".

A PARTIR DA CANDELORIA... NINGUNHA AVE VOA SOA

Imaxe
     Entre xaneiro e febreiro, na mesma semana, este ano puidemos celebrar o Día da Paz e máis o Día da Candeloria!! O alumnado de 1º e 2º ESO, estivo moi creativo para redactar unhas pombas amigables que dedicaron aos seus compañeiros e compañeiras de aula. Aquí tedes o mural que amosa o ben que lles quedou!!💖💖💕💕 Ademais, o equipo de Dinamización tamén traballou moito para festexar este día, realizando outro mural para conmemorar o Día da Paz e da Ilustración que coinciden na súa celebración o día 30 de xaneiro.  Con esta exposición recordamos  os  conflitos que seguen a estar latentes no mundo actual e vinculamos cada un deles a figuras destacadas da ilustración neses lugares. Achégate a velo!