Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

A VIDA ARTISTICA DE MARIE FREDRIKSSON

Imaxe
Marie e Per, Roxette, representaron, durante os seus primeiros anos de éxito, esa mezcla de pop e rock que, por un tempo, dotou de certo sentido a esa etiqueta chamada pop-rock. Parecían unha banda de roqueros, sonaban coma uns alegres e sensibles poperos. Él despeinado, ela co pelo cortísimo. Él coa guitarra á altura dos xeonllos, ela golpeando sen piedade unha pandeireta. Incluso na era da autenticidade, lograron arrancarlle un baile o unha bágoa á xeración X.

MERRY CHRISTMAS FROM MR SCROOGE!

Imaxe
     A Christmas Carol is undoubtedly the most beloved story set during this festive season. Published on 19 December 1883, the first edition sold out by Christmas Eve, and this novella is considered a true classic. The book recounts the story of Ebenezer Scrooge, an elderly miser who is visited by the ghost of his former business partner Jacob Marley and the spirits of Christmas Past, Present and Yet to Come. After these visits, Scrooge is transformed into a gentler man, treating everyone with kindness, generosity and compassion.      However, the truth is that, in spite of the literary value and importance of this very work, its greater significance lies on the social influence it exerted. Two hundred years ago, Christmas celebrations were completely different and the modern observance we hold nowadays is largely the result of a mid-Victorian revival of the holiday. This re‑evaluation of the tradition resulted in the widespread presence of carols ...

NÓS DIARIO

Imaxe
NÓS DIARIO Por fin! Xa temos un xornal publicado integramente en galego, todos os días do ano, nacido dun proxecto plural e da cooperación de todas as persoas que participaron co su gran (pequeno ou grande) e coas subscripcións para que este desexadísimo proxecto vise a luz. Esta é unha desas noticias que dá moito pracer ofrecer. A saída do número 0 foi o 30 de novembro, e o vindeiro 2 de xaneiro iniciará a andadura, así que desde este blog animámosvos a que vos acheguedes a el, que percorrades as diferentes seccións e que valoredes na súa xusta medida o esforzo colectivo que supó ente xigante paso para unha lingua como a nosa. Animádesvos? https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nace-nos-diario-ollada-aberta-plural-ao-mundo-galiza/20191130170358087629.html

SABÍAS QUE...?

Imaxe
- Sabías como os nosos antergos ergueran a Fornella da Moura ou dolmen de Dombate? Como facían os petróglifos? - Sabías que os habitantes da Cibdá ou castro de Borneiro non comían pantrigo senón outro pan moito máis raro? Sabías o que bebían, ademáis da auga do manancial? - Coñeces a lenda do Río do Esquecemento? Como facían os romanos as calzadas? - Cal foi a poderosísima arma que inventaron os bispos da España cristiá para frear a expansión musulmá? Como enterraban os viquingos aos seus xefes? As respostas a todas estas preguntas podedes atopalas na Biblio do Insti – onde senón? - na colección “A nosa historia”, da editorial A Nosa Terra, nos libriños titulados “Os prehistóricos”, “Os habitantes dos castros”, “Os galego-romanos” e “Os viquingos en Galicia”, cos simpáticos debuxos de Pepe Carreiro … Que quen é Pepe Carreiro? Pois … o autor dos Bolechas! Lembra a máxima do noso arqueólogo-filósofo Tadeo Jones: “Alimenta o teu cerebro!”.

COP25:#tiempodeactuar

Imaxe
Ao fin está en todas partes a tan nomeada Emerxencia Climática e a visibilidade dos xóvenes que están a liderar a mobilización, esixindo as empresas e aos gobernos accións inmediatas fronte ao cambio climático. Emociona esta xeración que toma o relevo na inacción e que impulsa, divulga, participa e comprométese nesta causa. Nesta COP25 hai moitas intervencións, algunhas de descoñecidos para o gran público e outras de persoeiros recoñecidos.  Neste enlace podedes acceder á conferencia de Greta Thunberg, Luida Neubauer e Fridays for Future. Greta Thunberg . Que podo facer eu? Climate Neutral Now é unha iniciativa espallada pola ONU en 2015 que ten como obxectivo animar a que todo o mundo tome medidas sobre o clima, coa finalidade de lograr un mundo con clima neutro a mediados de siglo, tal e como recolle o acordo de París adoptado ese mesmo ano. Tí tamén podes traballar pola neutralidade climática, reducindo a túa pegada climática e seguindo estes pasos: Medir as em...

PURITA CAMPOS

Imaxe
Unha das ilustradoras máis relevantes da historia do cómic español ven de falecer o pasado mes de novembro aos 82 anos.  Purita Campos e a portada de 'Esther cumple 40'. Foto: Planeta e Espasa . Pura Campos estudou Belas Artes, e levou as tendencias da moda ao cómic cando ninguén o facía. Empezou debuxando modelos para a súa nai, que era modista, e pasou a traballar para outras modistas de Barcelona ata que a contrataron na editorial Bruguera cando aínda era moi nova. Máis adiante probou sorte nunha editorial inglesa e así empezou "Esther y su Mundo", unhas viñetas para rapazas nas que unha adolescente contaba a súa vida. Un cómic semanal que se publicou en varios países desde 1971 ata 1988. "Patty’s World", que así se chamaba o cómic en Inglaterra, vendía tiradas de  400.000 exemplares semanais, e aínda con esas cifras de vendas algúns dicíanlle: "para ser muller non o fas   mal". Pura Campos foi galardoada coa Medalla ...

A PALABRA DO ANO 2019

Imaxe
Cal sería para cada un de vós a palabra que mellor define o que foi o ano 2019? Deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron termos que o público escolleu en anos anteriores. Palabras que por diferentes razóns resumen o identifican unha realidade destacada no seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación e irromperon con forza na fala cotía da rúa. Neste 2019 a piques de rematar, cal sería para vós a Palabra do ano ?   A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases. Primeira fase Recepción de propostas. Recolleremos todas as suxestións que as persoas que desexen participar nos envíen desde hoxe, 2 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 15 de decembro. Se non te dás decidido por unha, podes mandarnos varias palabras. Segunda fase Ábrese o luns 16 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repet...

DE AVENTURAS, MITOS E TESOUROS

Imaxe
A escritora Marilar Aleixandre é autora de varios libros dedicados á mocidade, como demostra o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, no ano 2017. Nas Xornadas do Club de Lectura do curso pasado, celebradas en Santiago, Marilar Aleixandre realizou un ameno relatorio sobre a literatura e a muller.  Na obra que hoxe presentamos, A filla do Minotauro , a protagonista é Miranda, unha afouta moza que, acompañada por Antelmo, se suma á loita contra os ladróns de xacementos arqueolóxicos na illa de Sicilia. Antelmo e ela teñen unha misión moi especial, relacionada coa obra do científico grego Arquímedes. Pero hai tamén outros alicientes. Non falta o amor, claro. Un dos elementos máis atractivos é a combinación da trama narrada co mundo clásico grego, xa que moitas personaxes son unha recreación dos protagonistas da mitoloxía. Así, Oliseus é Odiseo, Polieufemio é Polifemo, Narcurio é o deus Mercurio, Dédalo é De Dalos… Todo ambientado na fermosa e suxer...

DECORA A TÚA ÁRBORE !

Imaxe
Co gallo das festas do Nadal, imos propor este ano un concurso para descubrir como de creativos podedes ser.  BASES :  1.- Elaborarase un adorno ou postal de Nadal, que sexa factible de pendurar na árbore. Pódense utilizar todos os materiais que se consideren oportunos. Poderán ser elaborados no Espazo Maker .  2.- Este ano a temática será “ DECORA A TÚA ÁRBORE ”. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo na realización.  3.- Poderá participar todo o alumnado do instituto.  4.- O prazo de entrega será do 9 ao 13 de Decembro, na biblioteca, e a entrega de premios o 20 do mesmo mes.  5.- Haberá premios para os adornos gañadores e sorpresas para os participantes!!

ESPAZO MAKER DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Imaxe
Moitos de vós xa o saberedes pero non queremos que algúen quede sen se enterar! O instituto xa ten o seu espazo maker: a covamaker! Desde principio de curso durante tódolos recreos estamos no taller de tecnoloxía argallando,  fedellando, construindo... Podes vir cando queiras e sumarte ao proxecto que se estea a desenvolver ou, se queres, podes vir  facer realidade as túas propias ideas. Pásate por alí e pregunta! Non levamos moito tempo pero xa fixemos reloxos de xadrez -construidos e programados por compañeir@s vos@s -, origami, vehículos propulsados, tarxetas de papel con circuitos que as alumean, montamos un robot de Lego que este xoves comezaremos a programar,... Se nos queredes seguir a través das redes sociais podedes facelo en Twitter e en Instagram: @acovamaker

TEATRO SOBRE E PARA ADOLESCENTES

Imaxe
“Carlos, me llamo Carlos. Tengo 15 años, o 16. Voy al cole, me aburro, salgo con los colegas al parque, bailo hip-hop… y un día conozco a Claudia y… magia.” A.K.A. (Also Known As) é o fenómeno teatral da temporada, gañador de catro Premios Butaca (espectáculo de pequeno formato, texto, dirección e actor) e dos Premios Max (autoría revelación e actor protagonista). Este monólogo fala sobre a identidade, da diferenza entre o que sentes que es e o que deter­mina a sociedade que es. Do dentro e do fóra. Escrito por Daniel J. Meyer, fálanos dun período da adolescencia de Carlos do que nós formamos parte. Relátanos o seu día a día aos 15 anos: o instituto, a terapia, o rexeitamento, a rabia e o medo, os amigos, o amor e o desexo, a inxustiza, a relación cos pais… Un momento no que, por circunstan­cias alleas a el, tremelican os seus cimentos, as súas raíces, a súa identidade. Carlos é adoptado… e os ollos dos demais fan que se plantexe cal é a súa “verdadeira” identidade. Somos...

MADRID RENDE HOMENAXE A ENRIQUE URQUIJO NO 20 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE

Imaxe
O domingo 17 de novembro cumplíronse 20 anos da morte de Enrique Urquijo , e unha veintena de artistas déronse cita no Wizink Center de Madrid para rememorar as composicións máis famosas deste cantante madrileño, que fundou "Los Secretos" , un dos míticos conxuntos do pop español dos 80.

C. S. LEWIS: IN MEMORIAM

Imaxe
The British writer Clive Staples Lewis was born on this day, 121 years ago (29 November 1898). As a young boy, he immersed himself in the great works of children’s literature of the time, such as The Tale of Peter Rabbit , by Beatrix Potter. He was also fascinated by Norse, Greek and Irish mythologies. All these aspects hugely influenced what would become his best-known work, The Chronicles of Narnia , a series of seven novels originally published between 1950 and 1956. The series is set in the fictional realm of Narnia, a world plagued by magic, mythical beasts and talking animals. The protagonists are all real children who magically enter the world of Narnia, sometimes called upon by the great lion Aslan to protect his world from evil. C. S. Lewis’ works have been a significant influence for both adult and children’s literature in the post-World War II era, being cited as an inspiration by Philip Pullman, author of His Dark Materials , or even J. K. Rowling, creator of the Har...

CEA DAS LETRAS E FALLO DO XIV CERTAME DE POESÍA ERÓTICA ILLAS SISARGAS

Imaxe
     Desde hai catorce anos vense celebrando a Cea das Letras en Malpica, na que se presenta o libro da persoa gañadora na edición anterior do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, organizado pola Asociación Caldeirón.      Este ano poderemos coñecer a fermosa edición de "Marco Livorno", obra do escritor galego Mario Regueira, e por fin poderemos descubrir o fallo desta XIV edición e escoitar da voz do propio autor ou autora algúns dos poemas. Ademais a cea estará acompañada pola actuación musical da Traskiband.      Este certame é o único na modalidade de poesía erótica existente en Galicia e un verdadeiro encontro poético do que habitualmente xorden mil e un proxectos.       Todo un luxo para a Costa da Morte!!!

PREMIO PLANETA 2019

Imaxe
Empezamos este curso con la recomendación del reciente Premio Planeta 2019, Terra Alta  de Javier Cercas. El autor extremeño nos trae una novela apasionante y que impacta por su actualidad en los corazones de los lectores. La narración comienza con un crimen terrible que sacude la apacible comarca de la Terra Alta: los propietarios de su mayor empresa, Gráficas Adell, aparecen asesinados tras haber sido sometidos a atroces torturas. Se encarga del caso Melchor Marín, un joven policía y lector voraz llegado desde Barcelona cuatro años atrás, con un oscuro pasado a cuestas que le ha convertido en una leyenda del cuerpo y que cree haber enterrado bajo su vida feliz como marido de la bibliotecaria del pueblo y padre de una niña llamada Cosette. Partiendo de ese suceso, y a través de una narración trepidante y repleta de personajes memorables, esta novela se convierte en una lúcida reflexión sobre el valor de la ley, la posibilidad de la justicia y la legitimidad de la veng...

O TESOURO DE TADEO JONES

Imaxe
Gustouche “Ice Age”? Queres saber máis cousas sobre a vida de Diego e de Manny?  Gustouche “Parque Jurásico”? Queres saber máis sobre os terribles tiranosauros e os veloces oviraptors?  Pois achégate ata a Biblio e colle “Los secretos de la Prehistoria”, de Dougal Dixon.  Quedastes intrigado por “La momia” ou por “El rey Escorpión”?  Queres descubrir como se momificaban os antiguos exipcios? Quen era o animal que eles cazaban en barcas, porque representaba a Seth, o deus do Mal?  Pois achégate ata a Biblio e colle “Los secretos de los egipcios”, de Neil Grant.  Vistes “Juego de Tronos” ou “Robin Hood”? Queres saber que foron as Cruzadas, as incursións viquingas, os poderes que tiñan nas mans o rei San Luis?  Pois achégate ata a Biblio e colle “La Edad Media”, de Andrea Bachini.  Na nosa Biblio atoparás os verdadeiros tesouros de Tadeo Jones: Libros, cómics e pelis que serán os chanzos para axudarte a escalar a n...

MULLERES CON CIENCIA: MARGARITA SALAS

Imaxe
Margarita Salas foi unha das mellores científicas do s.XX. Discípula do Premio Nobel de bioquímica Severo Ochoa na Universidade de Nova York, traballou tres anos fuxindo do que chamaba "páramo científico". Máis tarde, en España, fundou o primeiro grupo de investigación en xenética molecular no Consello Superior de Investicacións Científicas (CSIC). O seu estudo sobre o virus phi29 polimerasa, permitiu revolucionar a técnica sobre os estudos de ADN, que permite amplificar o ADN de forma sinxela, rápida e fiable. A súa patente foi a de maior rentabilidade para o CSIC con aplicacións na medicina forense, oncoloxía e arqueoloxía entre outros ámbitos. Margarita Salas faleceu este mes de novembro, deixando unha vida que non entendía sen investigación e a que nos podemos achegar con algunhas das súas entrevistas: CON CIENCIA: MARGARITA SALAS

200 ANOS DO MUSEO DO PRADO

Imaxe
O pasado martes 19 de novembro o Museo do Prado cumpriu 200 anos, unha longa vida para un museo que posúe máis de 33.ooo obras de arte, das cales poucas máis de 1.700 están expostas. Doodle que lle adicou esta semana a páxina de Google ao 200 aniversario do museo O Museo Nacional do Prado, desde que foi inaugurado en 1819 e ao longo da súa historia bicentenaria, cumpriu coa misión de conservar, expoñer e enriquecer o conxunto das coleccións e obras de arte que, vencelladas á historia de España, constitúen unha das máis importantes manifestacións de expresión artística de recoñecido valor universal. A pesares da súa lonxevidade non deixan de modernizarse, e o museo ven de estrear na súa páxina web unha ferramenta interactiva que consiste nunha liña do tempo que permite comparar os autores e as obras do Museo do Prado con ata catro capas de coñecemento ao mesmo tempo. Os datos da capa Museo do Prado proveñen da base de datos da colección do Museo do Prado e inclúen toda...

SAMAÍN 2019

Imaxe
Rematamos o mes de outubro coa celebración do Samaín. Ao xa tradicional concurso de cabazas, engadimos unha convocatoria de elaboración de microrrelatos de terror en lingua galega coa correspondente lectura dramatizada na nosa arrepiante biblioteca. 1º Premio: Leo García                                    2º Premio:  Antía Castro                          3º Premio: Alba Esmorís Equipo de Biblioteca, EDLG e vicedirección intentamos crear unha atmosfera medorenta durante o recreo para contextualizar as lecturas dos microrelatos gañadores, velaí unha mostra delas: 1º Premio: Brenda, Aldara e Kelly                   2º Premio: Antía, Olalla e Carlota                      3ª Premio: Alba e Yanira Noraboa aos ...

ARRANCA O CLUB DE LECTURA

Imaxe
Hai uns días fixemos a xuntanza inicial, chocolatada incluída, para que as seccións do Club de Lectura se reunisen. Que mellor sitio para encontrármonos un ano máis que a nosa biblioteca, tetricamente decorada para o Samaín? Algúns grupos xa teñen o seu libro para comezar a ler... Moitos lectores repiten experiencia, outros son novos, non só no Club senón tamén no centro, como os alumnos de 1º ESO, dirixidos pola profesora Marta Gándara. Recordamos que aínda te podes apuntar nun grupo, nunca é tarde. Pregunta a un profesor encargado da biblioteca, do Club de Lectura (Félix Neira) ou a algún que teña grupo (Jorge Cea, Eva Tizón, Eva Reino, Isabel Segura, Marta Gándara ou Lorena Suárez). Eles daranche información. Agardamos que as lecturas e a experiencia sexan do voso agrado...

DÍA DA BIBLIOTECA

Imaxe
O novo curso chegou cheo de celebracións na nosa biblioteca, e agora chega ao noso blog, que arranca un novo ano con forza e nov@s colaborador@es.  O pasado día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, e para festexalo o Equipo da Biblioteca xunto co EDLG propuxemos tres concursos nos que participou gran parte do alumnado. Un concurso de fotografía: “Pilladonabiblio”, un concurso de deseño: “Deseña a nosa Mascota”,e un concurso de vídeo: “Booktubers”.  Deixámosvos aquí as imaxes das obras escollidas, moitos parabéns para @s gañador@s e moitas grazas a todo o alumnado participante!!! Pilladonabiblio            1º premio: Leo García                 2º premio: Ainhoa Blanco           3º premio: Lino Souto Deseña a nosa mascota         1º premio: Clara Gacio              2º premio: Lucía ...

REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

Imaxe
E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán! DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con  Infamia , una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos.  Infamia  é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É ...

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

Imaxe
Para rematar el curso comenzaremos con el final de la novela que hoy os vamos recomendar, Cien años de soledad  de Gabriel García Márquez., " ...porque las estirpes condenadas a cien años de soledad no tendrían una segunda oportunidad sobre la tierra. " Tras leer el final de la citada novela nos damos cuenta de que hemos concluido una obra de arte. Macondo siempre estará en nuestro universo literario y recordaremos con amor e ilusión al coronel Aureliano Buendía, a Amaranta o a Melquíades.  Y por todo lo anterior os pedimos, rogamos y suplicamos que os sumerjáis en esta lectura maravillosa que a pesar del título nunca os hará sentir solos. Gracias eternas Gabo!!!!

TRINTA ANOS DE HISTORIA... A CINCO COLUMNAS

Imaxe
O alumnado de Historia do mundo contemporáneo do IES Eduardo Pondal de Ponteceso montou unha exposición con primeiras planas orixinais de La Voz de Galicia, para as que elaborou cadanseu texto explicativo.  Titulada Trinta anos de Historia… a cinco columnas , recolle destacados feitos históricos, como guerras, atentados terroristas, a victoria de Zapatero, a morte de Fraga, o naufraxio do Mar Egeo, a voda real, a abdicación do Xoán Carlos I ou éxitos futbolísticos, entre outros fitos da historia recente.  Animádevos a botarlle unha ollada e a ler os textos. Que feito vos parece máis determinante no curso dos acontecementos históricos posteriores?

PLANETA OU PLÁSTICO?

Imaxe
Cada vez somos mais conscientes do cambio climático que se está a producir, que sopra no alento das nosas costas e xa asexamos na nosa contorna. Estamos a coñecer como nos últimos dez anos consumimos máis plástico que no século pasado, a sensibilizarnos coa devastadora presencia de plástico nos océanos, con vertidos anuais de case 9 toneladas de residuos plásticos e como, a través da cadea alimentaria, cinco dos alimentos que consumimos decote como o sal, moluscos, peixe e incluso a auga teñen microplásticos. Á marxe das grandes iniciativas, fáltanos crer como Eduardo Galeano que " Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo ". Así que dende a pequena Ponteceso, comprométete este verán a dar morte ás pallas de plástico mobilízate con iniciativas locais ou globais como estas  https://www.fridaysforfuture.org/