EMPEZAMOS CURSO!

Benvidas e benvidos a este curso tan atípico e especial que estamos arrancando. Desde o equipo da Biblio levamos días traballando para que todo funcione da mellor das maneiras e podamos seguir empregando a biblio a pleno rendemento. E que mellor xeito de empezar o curso que con propostas de concursos que requiren da vosa participación e enxeño. 

Como sabedes o pasado sábado 24 de outubro celebrouse o "Día das Bibliotecas", e o reclamo era participar en dous divertidos concursos: "Pillados na biblio" e "Booktubers". Ao longo desta semana saberemos quen son as e os gañadores destas dúas propostas. 

E sen perder tempo temos outras dúas convocatorias para este venres 30 de outubro. Co gallo da celebración do SAMAÍN, celebración de orixe celta, Vicedirección, o EDLG ( Equipo de Dinamización Lingüística) e a Biblioteca organizan dos concursos nos que non vos dará ningún medo participar:

CONCURSO DE MÁSCARAS
As bases para participar no concurso son as seguintes: 
1. Podedes decorala como queirades coa condición de que a máscara vos protexa. 
2. Pódese pintar, debuxar, coser, engadirlle cousas, cambiar a goma da máscara, pegarlle obxectos lixeiros, etc. 
3. Tamén podedes pintar a cara para favorecer a máscara. Pero lembrade, ten que estar sempre ben posta e tapar nariz e boca. 
4. O venres 30 de outubro poderedes vir con ela posta durante as clases. Durante os recreos (11:00-11:30, ou 11:50-12:20) pasaredes por un decorado (Photocall)que estará colocado ao lado de conserxería e tirarémosvos unha foto para a posterior valoración do xurado.



CONCURSO DE CABAZAS 
As bases para participar no xa tradicional concurso de cabazas son as seguintes:  
1. Podedes traer as vosas cabazas decoradas ata o día 30 de outubro e entregalas na Biblioteca. 
2. Farase unha exposición coas cabazas presentadas e premiarase a aquelas nas que destaque a orixinalidade. 

A entrega de premios destas dúas convocatorias celebrarase o venres 6 de novembro durante o recreo na biblioteca.
Así que xa sabedes, animádevos a participar nestas propostas! Estamos agardando as vosas creacións!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"