UN 17 DE MAIO DIFERENTE.

Un 17 de maio diferente é o que nos toca vivir este ano, mais non por iso deixemos de celebrar o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas.
A situación provocada pola pandemia da COVID - 19 levou a RAG a tomar unha decisión inédita nos cincuenta e sete anos de historia do Día das Letras Galegas: trasladar esta celebracíon da cultura galega ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero
Malia os cambios no calendario de actividades conmemorativas presenciais arredor do Día das Letras Galegas, o 17 de maio debe de ser igualmente unha gran celebración colectiva para toda a cidadanía galega e para iso cómpre valermonos de todas as posibilidades que nos ofrece o mundo dixital que tanto se está aproveitar nestes tempos de obrigado afastamento social.
A RAG ofrécenos dende un proxecto de divulgación da figura do escritor e profesor Carvalho Calero para un público infantil chamado Primavera das Lexras (http://primaveradasletras.gal/) ata a participación no concurso Contádenos o voso día das Letras, proposta cuxo prazo de participación se ampliará ata o primeiro trimestre do curso próximo.

Podedes achegarvos  á traxectoria vital e profesional do autor a través deste enlaces que nos leva aos carteis e as guías preimiadas no Concurso - Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Carvalho Calero:  https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html.
Unha proposta visual moi interesante é a colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar ao escritor ferrolán en distintas época da súa vida, dende a mociade ata a vellez. Tédelas no seguine enlace:https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html

Mesmo se vos achegades por primeira vez á obra do autor podedes comezar por este primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego, un poema inédito que o proxecto Sementes Trasancos acaba de facer público este sábado 16 de maio. "A Galiza" é o título desta composición que a asociación gravou e colgou no seguinte vídeo na plataforma Youtube.


Disfrutade del, gozade do Día das Letras Galegas  máis virtual!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"