CIENCIAS NAS LETRAS

Estaba a pensar agora no último momento antes de que cambiara a nosa vida. A punto de sair do instituto, un impulso levoume á nosa Biblioteca.
Nesta nova vida, pensaba errada que tería algo máis de tempo e quería enchelo de novas historias para min, usadas xa por outros, nas que atopar outros camiños e pasear por eles.

E paseei, procurando libros de astronomía e ciencia, por estes marabillosos camiños:

Como aspirante a astrónoma, nunca reflexionara sobre a altura a que está o ceo, e sorprendinme ao atopar neste libro unha resposta tan sinxela observándoo cando é día e cando é noite. Unha resposta tras outra vas a ler en "A que altura está o ceo", que resulta unha viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia Clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.

Unha longa tarde de sofá compartín con "O contador de estrelas", un ser que finxía ser doutro planeta para abrir o mundo de Antía, unha rapaza que dou o salto sen rede á madureza  e que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

"Os nenos da varíola", xa ben coñecido polos que o tivéchedes como lectura este curso na materia Lingua Galega, conéctanos con esta carreira que temos agora na procura doutra vacina. Nesta historia real, que comeza no 1803 para vencer a aqueloutra pandemia que era a varíola, atopas heroes anónimos que, como agora, dan a vida en prol da humanidade.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"