INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO

Se non tivera irrompido nas nosas vidas este famoso virus, esta semana teriamos gozado dunha representación teatral no noso instituto. Xa polo mes de marzo o alumnado de Teatro e de Dramatización realizou a escolla duns textos para agasallar a toda a comunidade educativa coa maxia do teatro, e dese xeito festexar por todo o alto as Letras Galegas 2020. Todos estes textos foron escollidos do libro de Sechu Sende "Made in Galiza", e en todos eles a fala ten un papel principal.

Xa que non tivemos a posibilidade de festexar as Letras no centro, Ainhoa, Laura, Rita, Vitor, Pedro, Lara Varela, Carla e Lara Bazar, todos eles alumnos e alumnas de Teatro de 1º da ESO, non quixeron deixar pasar a oportunidade de compartir con todos nós esta pequena homenaxe que tiñan argallado  para as Letras. Parabéns a todos e todas polo resultado! Sodes o futuro do teatro!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

Bo verán!!