MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.










Hai moitas maneiras de contar a Historia, mais Art Spiegelman escolleu a fábula e a banda deseñada para tal fin.

Maus, a súa obra cumio, realiza unha homenaxe gráfica ao seu pai e ás vítimas do Holocausto, mimetizadas en ratos xudeus que son perseguidos por gatos nazis. As leis da natureza representan nesta obra a maior escuridade humana, mais tamén as ansias por sobrevivir.

O camiño que explora Spiegelman, narrando  os horrores do Holocausto non é de todo novo. Goya e Castelao xa reflectiran o lado máis doloroso da humanidade con debuxos e breves textos ao seu pé. Porén, en Maus adáptase a necesidade de narrar a escuridade aos modernos medios de masas, de integrar algo tan vello coma o debuxo coa modernidade literaria do seu tempo.

Dende a conversa que inspirou  a fábula ata recoller o premio Pulitzer, pasaron 20 anos. E hoxe, case cumpríndose os corenta anos da súa publicación, a súa estela é seguida cos novos autores e autoras dun xénero que podemos definir como cómic-histórico.

Nin que decir que contas cuns exemplares na biblio do insti, un deles en inglés!

Comentarios