O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños. Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno e que prepara a inminente chegada da primavera. Coa cristianización, que abosorbeu moitas das nosas celebracións, coverteuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas. 
Ese día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. É unha data dedicada ao amor e a fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica", segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega. 




Hai cada vez máis defensores de que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. Mesmo o noso refraneiro popular lembra que "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa".

A Candeloria tamén server para anunciar a chegada máis próxima da primavera: "Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fora; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir". É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non). 
En Galiza a Candeloria é unha tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outros moitos costumes e lendas. 
En calquera das súas versións, axudemos a manter ese valor da nosa tradición. 


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"