"O MAIO" DE CURROS ENRÍQUEZ COLLE UN NOVO RITMO.


Comezamos o mes de maio, un mes reivindicativo coa conmemoración inicial do Dia Internacional da clase traballadora. O confinamento do estado de alarma impediu as mobilizacións na rúa, mais non por isto deixou de ser un 1 de maio especialmente dedicado a manifestarmonos xa sexa nas redes sociais ou nas propias xanelas da nosa casa.

Unha boa mostra disto é a iniciativa do Consello da Cultura Galega que vén de celebrar este Primeiro de maio, cheo de expecionalidade cunha versión musical do poema  " O Maio"de Curros Enríquez que reinvidica unha primavera de liberdade e de xustiza, agora máis necesaria que nunca.

Neste proxecto celebrativo xúntase este poema reividicativo de Curros coas novas voces da música galega: Pablo Lesuit, Faia Díaz, Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burker,, Brais Morán, Yadhira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw participaron neste proxecto dende o confinamento.



           
O resultado é un vídeo musical que mestura a rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso,celebrar a vida cun alento solidario.

Desfrutade del e, sobre todo, buscade nas verbas de Curros, un poema do século XIX, unha lectura propia do século XXI. Aí vén o maio! Por un maio novo!



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"