A PALABRA ATOPA O CAMIÑO CARA A NOSA CASA.

O confinamento non conseguiu parar a educación nin as ganas de ler. Grazas á existencia de bibliotecas e hemerotecas dixitais, podemos ter a información a un só clic. Nada terá o encanto da nosa biblio... mais podemos seguir traballando e desfrutando das boas letras dende a casa. 

Existen varias plataformas dixitais que nos permiten acceder á información e á lectura de libros electrónicos de maneira legal e gratuíta e dende a biblio, queremos recomendarvos algunhas. Imos aló:
  • O noso carné de biblioteca xa era unha chave máxica que nos permitía acceder a un catálogo de libros e películas en galego e castelán. Co gallo da corentena, o servizo  GaliciaLe abriuse a todos e todas polo que, poderás gozar de boas lecturas igualmente. Se che gusta a experiencia, unha vez finalice o confinamente, terás 30 días para solicitalo. Soa ben, verdade?
  • Galiciana é unha biblioteca cuxo principal interese reside na consulta de textos históricos dixitalizados.
  • Dentro da rede de Bibliotecas Públicas  podemos acceder á Biblioteca Municipal de Nájera, que nos achega un entorno virtual no que podemos consultar a prensa diaria, obras da literatura universal, diferentes dominios web e moito máis!
  • Proyecto Gutemberg consiste nun prezado repositorio de textos realizado por voluntarios de todo o mundo, o que vos permitirá ler e traballar varias linguas.
  • Europeana é a Europa o que Galiciana a Galicia. O máximo interese reside na súa hemeroteca histórica, con imaxes de época e información en diferentes linguas.

 Non perdades a oportunidade de seguir conectados á literatura e á información!! Boa lectura!



 

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"