DÍA DAS LETRAS: DE PONDAL A CARVALHO CALERO


Non está a ter moita sorte don Carvalho Calero! Despois de bastantes anos proposto para o Día das Letras Galegas, e tras dunha demora inxusta…, resulta que agora ten sufrir a perda de protagonismo por culpa do bicho infame e infecto!
            
O profesor e filólogo ferrolán estudou en profundidade a literatura galega, ata tal punto que o seu manual -témolo na biblioteca- é aínda hoxe unha obra de referencia: a História da Literatura Galega Contemporánea, publicada en 1963, é unha auténtica biblia para coñecermos as nosas letras.


Un dos grandes atractivos desta obra radica en que non só aborda as cuestións literarias, senón tamén as biográficas, cunha abundancia de información abrumadora. Por poñer un exemplo, o extenso capítulo dedicado a Pondal incorpora multitude de datos biográficos que el aportou por vez primeira, rescatados dos arquivos.

Desde o noso instituto, que leva o nome de Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños que viu “a lus primeira” en Ponteceso, queremos ademais lembrar canto fixo don Ricardo por dar a coñecer a figura do poeta, xa que estudou a súa vida e a súa obra con amplitude, non só a escrita en galego, senón tamén en castelán.

Parece que se está pensando en alongar o ano Carvalho Calero. É de xustiza!

Feliz día das Letras Galegas.



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"