27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Desde 1954 todos os anos, organizado por ITI, o Teatro das Nacións de París comezaba a súa tempada o 27 de marzo. Tratábase dun megaevento que buscaba acadar unha comuñón entre países despois da finalización da Segunda Guerra Mundial.

O Instituto Internacional do Teatro, a institución encargada ata hoxe do Día Mundial do Teatro, é a organización artística máis grande do mundo. Creouse en 1948 por artistas, expertos teatrais e a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco, pola súa sigla en inglés) e é actualmente unha organización sen fins de lucro.

Sete anos despois, en 1961, foi elixido ese día como o día Mundial do Teatro e tivo a súa celebración en 1962. Convidado pola UNESCO, cada apertura tiña (e ten) como convidada ou convidado unha prestixiosa figura de talle mundial que comparte unha mensaxe sobre a arte, o teatro e a cultura, que se le en todas as salas do mundo e se traduce a vinte idiomas.

Esa mensaxe foi pronunciado por primeira vez o 27 de marzo de 1962 por Jean Cocteau, a el seguíronlle Arthur Miller, Laurence Olivier, Pablo Neruda, Richard Burton, Antonio Gala, Humberto Orsini, John Malkovich ou Darío Fo.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"