OUTRA DE PESTES: O DECAMERÓN DE BOCCACCIO


Nesta última recomendación da sección do Club de lectura, queremos recordar outra gran obra da literatura universal vinculada en parte ao motivo da peste: Decamerón. O seu autor, Giovanni Boccaccio, escritor italiano do s. XIV, é unha das estrelas da constelación literaria do Renacemento italiano, xunto a Petrarca e Dante. Decamerón é unha colección de cen contos que comeza coa descrición da peste bubónica ou peste negra, que se abateu sobre Florencia.


Sete mulleres e tres homes foxen da epidemia e, refuxiados nas aforas da cidade, contan estas cen historias, durante cen días; precisamente isto é o que significa o título: cen días. A temática é moi coherente con esa época próspera e feliz que foi o Renacemento, e non faltan o amor, o enxeño ou as bromas, pero sen esquecer que a vida humana tamén está sometida ás sombras da morte, e a peste o demostra.

É un libro contundente, pero sempre poderemos facer lecturas soltas, dado o seu carácter de colección.

Canda o sol, que o verán nos ilumine con boas lecturas, ou polo menos con lecturas…

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"