EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

 Moi boas a todos e a todas amigas do blog da nosa biblioteca!!! Hoxe estreamos nova sección: recomendacións de series de televisión e filmes!

Nos últimos anos apareceron numerosas compañías de streaming como Netflix ou HBO. Pouco a pouco, foron gañando adeptos e ninguén pode negar que algunhas das series que nos ofrecen son auténticas xoias, para moitos a altura dos grandes filmes. Por todo iso, nesta sección imos recomendar tanto series como películas.

A recomendación desta semana é a serie que se emite en HBO, Euphoria. Trátase dun relato directo e brutal ao espectador, onde nos presenta a unha adolescente, Rue Bennet, que é drogadicta e que acaba de saír dun centro de desintoxicación. Aquí comeza o relato da súa existencia, con numerosos flashback e tamén cun monólogo interior que nos mergulla nun universo de adolescentes que viven máis que nunca día a día, pero que queiman etapas a un ritmo vertixinoso... Parece que nesta historia, magníficamente interpretada pola actriz Zendaya, a expresión "vive rápido, morre xoven e deixa un bonito cadáver" é o núcleo da historia. O relato de Rue Bennet, vaise mesturando coas historias incómodas doutros amigos e compañeiros, mais todos teñen algo en común: sofren en demasía.

Aviso a navegantes: calquera nai ou pai que teña un fillo ou filla adolescente, verá esta serie como unha puñada directa ao mentón. Demasiada imaxinación dos creadores, pode ser, pero tamén todos sabemos que ás veces, a realidade supera a ficción.





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"