8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Un ano máis a colaboración do equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística tráenos a exposición de fotografía do 8 de marzo. Xa vai mais dunha década dende que comezamos con este proxecto que este ano achega a 16 mulleres relevantes e imprescindibles para a historia do feminismo.

O Día da Muller foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e segundo a versión máis estendida, conmemora os sucesos ocorridos en 1908 en Nova Iorque, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais, pedindo un aumento dos salarios e a redución da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos.

Na actualidade, o 8 de marzo converteuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político. E desde o noso instituto, un ano máis, lévase a cabo esta actividade en defensa dos dereitos das mulleres. Por isto, as mulleres do centro retrátanse recordando a figuras que ao longo da historia loitaron por un mundo máis xusto, coa bandeira da feminidade ben ergueita. Por iso facemos esta exposición fotográfica xunto coas súas interesantes biografías, coa que queremos incidir na importancia do traballo e esforzo que levaron a cabo durante moitos séculos, e que na actualidade continúan milleiros de mulleres.

No seguinte enlace podedes ver a totalidade da exposición.




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"