A EDUCACIÓN EN GALEGO MÁIS VIVA QUE NUNCA!
Hoxe vouvos falar dun interesante proxecto educativo que xurdiu como resposta solidaria do corpo docente galego á situación de emerxencia educativa derivada da pandemia polo coronavirus, trátase do portal educativo AULAS GALEGAS.
Falamos dun grupo de traballo colaborativo realizado por profesoras e profesores sen ánimo de lucro que pretende ofrecer unha axuda educativa ao alumnado, ás familias e ao resto do profesorado. Neste portal podemos atopar recursos e materiais educativos en galego. Cada día publícase material clasificado por nivel académico e materiais para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Durante estes últimos meses estivemos na casa pero non por iso temos que estar parados, a educación en galego continuou e continúa. Botádelle un ollo a este proxecto, de seguro que vale a pena, aquí tedes o enlace: https://aulasgalegas.org/
Comentarios
Publicar un comentario