BAUHAUS E DANZA


Fundada no século XX por Water Gropius, en Alemaña surxe unha escola que crea un nexo entre artesáns e artistas, a Bauhaus. A súa filosofía atística era moi innovadora xa que creaban obxectos de deseño que rompían cos esquemas vistos ata o momento.

Dentro de esta práctica tamén tocaban todas as manifestacións artísticas entre as que se atopaban o teatro e dentro deste, a danza.

As danzas mostraban coreografías con xestos simples e traxes moi orixinais. Facían movementos simples, como camiñar ou saltar e os bailaríns semellaban bonecos con accesorios xeométricos.

En definitiva, un modo de facer único que marcou un antes e un despois no mundo das artes plásticas e da danza.



O equipo do taller de baile era levado un dos profesores da Bauhaus chamado Oskar Schlemmer.

Un enlace das danzas :

El ballet lisérgico de Oskar Schlemmer

https://youtu.be/dvFI_5E6Oqw

Comentarios