Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2026

25N

Imaxe
  Hoxe, no IES Eduardo Pondal, erguemos a nosa voz contra todas as formas de violencia machista. Unímonos para lembrar, denunciar e reivindicar unha sociedade na que todas as mulleres poidan vivir libres, sen medo e en igualdade. Este ano quixemos poñer o foco especialmente na violencia sexual e nas novas formas de violencia dixital: o control, o acoso, as ameazas ou a difusión de imaxes íntimas sen consentimento. Porque na internet tamén hai violencia, porque non son bromas e porque #NonHaiExcusa . A través da lectura do manifesto e das actividades desenvolvidas no centro, reafirmamos o noso compromiso coa educación en igualdade, o respecto, a liberdade e o consentimento. O alumnado de ESO estivo traballando nas sesións de titoría sobre a prevención da violencia. Como resultado, elaboraron simulacións de conversas de chat nas que se exemplificaba como poden xurdir e escalar este tipo de situacións no entorno dixital. O propio día 25, varios alumnos e alumnas animáronse a darlle vo...