Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2026

Alumnado formado

Imaxe
 Durante as sesións de titoría do mes de outubro, o alumnado novo do centro participou nas xornadas de formación de usuarios da biblioteca escolar .   O obxectivo desta actividade foi achegar á comunidade educativa os recursos e servizos que ofrece a biblioteca, así como fomentar o seu uso autónomo e responsable. Durante estas sesións, os estudantes puideron coñecer a organización do espazo, aprender o funcionamento do préstamo, descubrir o catálogo en liña e como consultalo, comprender as normas de convivencia, informarse sobre as actividades periódicas e os recreos creativos, etc. Grazas á colaboración do equipo de biblioteca e dos titores, o noso alumnado xa conta con todas as ferramentas necesarias para aproveitaren ao máximo este espazo de aprendizaxe, descubrimento e lecer. Animamos a todo o alumnado a pasar pola biblioteca e seguir desfrutando da lectura!