UNHA PARA ESCOITAR E OUTRA PARA LER

Unha para escoitar ...
Coñeces a Ataque Escampe? Pois este grupo abre o dobre disco Ídolos adolescentes / A vida dos animais, que desde o día 31 do mes pasado se pode escoitar na Rede. 
Con el renden tributo á súa audiencia máis nova e descoñecedora dalgunhas destas pezas. Só se encontra dispoñíbel en formato dixital e neste documento, da cara oculta da banda, percíbese a súa profunda evolución, practicamente a súa metamorfose. Sen abandonar nunca o folk, agora incorpora cumbia, dub, rumba, rap ou kraut. O territorio ampliouse. Por outra banda, Ídolos adolescentes...tamén permite entender o laborioso traballo de arranxos ao que Ataque Escampe somete as súas cancións. Se che apetece achegarte a este grupo e de paso ás nosas músicas, podes pinchar nos seguintes enlaces:

e outra para ler
Hai alguén que a estas alturas siga crendo que a literatura galega non sae das nosas fronteiras?
Pois para demostrar unha vez máis, que en galego non hai límites ...
Ledicia Costas, unha das autoras de maior proxección da literatura galega, vén de publicar en búlgaro o seu libro de 2016, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais).

A tradución de 'Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta', de Ledicia Costas, ao búlgaro. Foto: cedida. 
Sinopse:
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible. 

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"