AS TECNOLOXÍAS QUE CHEGARÁN NO 2019
Coa chegada do mes de xaneiro, adoitamos facer listaxes de propósitos que melloren as nosas vidas así como de bos desexos para a humanidade. As tecnoloxías que están por vir poden ser a chave para un xiro positivo na nosa forma de vida. É por iso, que é interesante coñecer as novidades dende xa.
A intelixencia artificial
Os avances en intelixencia artificial chegan grazas ao machine learning (aprendizaxe automática) que é a capacidade que teñen as máquinas de aprender por si soas, baseándose no recoñecemento de padróns, sen que ninguén as programara previamente. Os beneficios desta tecnoloxía afectarán principalmente á industria dos vehículos autónomos e aos robots.
A cidade sensible.
Chega un novo concepto de cidade, chea de sensores que monitorizarán a calidade do aire, os niveis de ruído e a actividade das persoas. Os robots terán un papel fundamental no transporte, percorrendo o subsolo para entregar paquetes por exemplo.
Wearables médicos.
Xa están aquí distintos tipos de sensores para recoller datos do noso corpo, tales como reloxos, brazaletes, etc. Pero a novidade ven sendo as función das que estarán dotados, como avisos dun ritmo cardiaco irregular e o contacto directo co médico.
A computación cuántica
Trátase dunha forma de computación na que se utilizan os estados do átomo en troques de datos binarios. O que ata agora, podía ser un "0" ou un "1", pasa á posibilidade de acharse nos dous valores á vez. O sistema cuántico usa cubits (bits cuánticos). Isto permitirá resolver problemas de alta complexidade en tempo récord. As grandes compañías tecnolóxicas están xa a competir para conseguir o procesador máis veloz.
A privacidade na intenet.
Os informáticos están xa na fase de perfeccionamento de ferramentas criptográficas que fagan posible ser completamente anónimo na rede. Por exemplo, poder demostrar que un é maior de idade sen necesidade de mostrar a súa data de nacemento.
Para rematar, déixovos este vídeo da maior feira tecnolóxica do mundo o CES en Las Vegas.
Comentarios
Publicar un comentario