FIOT, FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO

Hoxe gustaríame falarvos do FIOT, un festival de teatro que se celebra en Carballo e que no pasado mes de outubro alcanzou a súa 27 edición. O FIOT está de noraboa, xa que hoxe, venres 11 de xaneiro, recibirá o Premio da Cultura Galega que lle foi outorgado pola Xunta de Galicia como recoñecemento ao seu labor en prol das Artes Escénicas.

O fallo do xurado coñeceuse o pasado 24 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago. Estes galardóns teñen como obxectivo apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior, que son as oito modalidades que contemplan os galardóns.

Unha vez coñecido o fallo do xurado o presidente da asociación cultural Telón e Aparte (asociación promotora do festival), Alberto Sueiro Pastoriza, declarou que o galardón “é unha honra e unha satisfacción”. Sueiro declarou que “o FIOT leva case 30 anos traballando para achegar o teatro á xente desde un pobo e este premio confirma que se poden facer grandes cousas desde os pobos, non fai falta ser unha capital ou unha gran cidade para facer cousas de interese xeral”.

"No FIOT lembrámonos de todos os que durante estes anos axudaron e colaboraron con Telón e Aparte. Este premio anímanos a seguir traballando para que Carballo siga sendo o corazón das artes escénicas de Galicia”, concluíu Alberto Sueiro.

Así que xa sabedes, este ano a estar atentos á chegada do outono, que con el chegará o FIOT e o tempo de gozar do teatro en todas as súas variedades.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"