REUTILIZACIÓNS ARQUITECTÓNICAS

Artelladores,

Hoxe toca falar de patrimonio arquitectónico.

Ben é sabido que unha das vivendas máis destacadas nas parroquias galegas era a reitoral. Pola falta de vocacións -é dicir: de curas-, hai xa anos que estes edificios están abocados a unha irremediable ruína. Ruína era xa, de feito, a reitoral de San Estevo de Cesullas, en Cabana de Bergantiños. Data do século XIX, como consta nunha inscrición que vos invito a buscar. Non é difícil atopala.

Como se fixo na do Couto, hoxe dedicada a Fundación Eduardo Pondal, a de Cesullas vai destinarse a espazo cultural relacionado coa figura de Saturnino Cuíñas Lois, crego que foi da parroquia, folclorista, inventor do "berro seco" na romaría de San Fins do Castro.

A Igrexa cedeu ao concello o uso do edificio durante uns 25 anos, máis ou menos. Os cartos da rehabilitación saen do erario público (como pasou no Couto). Esta é outra reflexión interesante.

En fin. Así están as obras. Por certo... este balcón que mira ao val non é orixinal da construción. Supoñemos que está permitido por Patrimonio.

Saúdos.  


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"