ASÍ SON AS TENDAS SEN DEPENDENTES

Fai aproximadamente un ano escoitabamos que, o xigante de ventas Amazon, abría ó público na cidade de Seattle, a primeira tenda física sen dependentes. Isto que parecía case ciencia ficción, acaba de chegar a Madrid.Trátase da tenda de mobles tudecora.com, onde se pode mercar dunha forma totalmente autónoma, sen nada máis que unha app no móvil.Alí os clientes escollen a súa compra e saen da tenda sen pasar pola caixa. Cada produto ten un código QR, que ó ser escaneado, abre directamente unha xanela para facer o pago.

                                                 
                                                                                           EL PAIS. KIKE PARA

O sistema garante non ten que facer cola para pagar, reducindo así o tempo que nos levaría mercar en grandes almacéns. Parece que xa hai mais empresas estudando este modelo de negocio. Verémolo pronto en Galiza? 
Déixovos un vídeo de Amazon Go para que vos fagades unha idea máis clara. Aquí a tecnoloxía é realmente avanzada! Todo un sistema de cámaras e sensores é quen de saber o que levas na bolsa da compra! 
Que o disfrutedes!
                                         




Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"