A REVOLUCIÓN DIXITAL NAS ARTES ESCÉNICAS

E chegou a revolución dixital ás artes escénicas, un novo xeito de entender os espectáculos en directo dende o sofá da casa. Unha realidade que máis aló de espertar opinións contraditorias facilítanos o acceso a múltiples oportunidades de gozar de variadas propostas, que non estarían doutro xeito ao noso alcance.

Nos últimos tempos van aparecendo plataformas online que ofertan gran variedade de espectáculos que podemos presenciar en directo ou en diferido. A pioneira foi Medici tv, a plataforma líder da música clásica en vídeo por internet que foi creada en 2008, medici.tv ofrece un acceso privilexiado ao mellor da escena internacional da música para os melómanos de todo o mundo.



No ámbito puramente teatral Teatrix é a primeira plataforma arxentina que oferta obras de teatro online. Achegan aos amantes das artes escénicas un catálogo con máis de 100 títulos e diferentes xéneros que fan un percorrido polo teatro arxentino, de Broadway e Brasil. 



Xa en España Play Theatres é unha plataforma online de Vídeo on Demand creada en Barcelona. Está especializada na difusión das artes escénicas (teatro, ópera, danza e música clásica). Ten como obxectivo promocionar e preservar os espectáculos ao vivo e facelos accesibles sen importar as barreiras xeográficas, sociais ou económicas.



En Madrid vén de crearse AllTheater, portal que oferta obras de compañías independentes por 3 euros e que experimenta con formatos inmersivos como os 360º.



Como vedes xa non hai escusa para non "ir ao teatro", dende o sofá da nosa casa podemos viaxar a múltiples teatros do mundo!



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"