SOÑACHES COA LÚA?
Un fío de misterio científico invadiu hoxe os nosos soños. A Lúa de sangue tinguiunos de beleza, nun ciclo que comeza e non se pechará ata o próximo eclipse destas características o 26 de maio do 2021.
A Lúa de sangue é un eclipse lunar total, que se produce cando o Sol, a Terra e a Lúa alinéanse, e a Terra, como mediadora dos astros que nos alumean, ensombrece totalmente a Lúa chea, reflectíndoa de un ton vermello pola refracción da luz solar nas partículas de pó presentes na atmosfera.
O extraordinario deste acontecemento é ademais que, o noso satélite, no seu percorrer pola órbita na que aperta á Terra, achégase ao noso carón todo o que pode, e sitúase a 360.000 km de distancia, fenómeno que se coñece como superlúa.

Comentarios
Publicar un comentario