PHÍXATE NAS MATES...



   Non, non é un número calqueira ... moitas plantas crecen seguindo unha fórmula matemática, dispoñéndose as ramas das árbores ou as follas dos talos en espiral ; nos botóns das margaridas ou dos xirasois fórmanse espirais en ámbolos dous sentidos e ,dese xeito, aproveitan ao máximo a luz e o espazo dispoñibles ... Esa espiral atópase incluso nas bacterias, galaxias, cunchas, cristais, fósiles, furacáns, cornos e cairos dalgúns animais ...

    Polo tanto, este número é máxico, áureo (Phi) e, se queres saber máis sobre números máxicos, corre ata a Biblio e pide “Fibonacci y los números mágicos” de Esteban Rodríguez Serrano. Disfrutarás coa apaixonante vida aventureira de Leonardo de Pisa, como resolvía problemas enxeñosos e como importara as cifras dende o mundo árabe ... Aínda que, pensándoo mellor, houbera sido preferible que só trouxera do 5 para arriba ... de cara ás calificacións do curso, digo eu ....


Comentarios