SIMULANDO UN SATÉLITE


Un grupo de alumn@s e un profesor do noso instituto, acompañados de leais colaboradores, están a participar nun concurso promovido pola Axencia Espacial Europea que se denomina Concurso Nacional CanSat.

O proxecto CanSat está dirixido a estudantes de secundaria e bacharelato e abarca temas curriculares de tecnoloxía, física e programación. Este concurso está deseñado para simular tódolos aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos dun traballo en equipo.

Que é un CanSat?

É unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos.

O CanSat lánzase cun cohete a unha altitude aproximada dun kilómetro e despois déixase caer mediante un paracaídas. E a partires dese intre comeza a súa misión, a cal consistirá na execución dun experimento científico, unha aterraxe sen danos e a análise dos datos recopilados durante o descenso.

MOITA SORTE AOS REPRESENTANTES DO NOSO CENTRO NESTA AVENTURA !!!





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"