ANINOVO NO TEATRO

Neste mes de xaneiro que acaba de comezar estase a cociñar toda a programación teatral que nos acompañará no 2020. En xaneiro os programadores e as compañías teatrais traballan a reo e énchense de asinar contratos para que o resto do ano non quede ningún teatro coas portas pechadas, e podamos así deixar voar o noso imaxinario gozando das novas propostas que as compañías xa teñen no forno.

Mentres que ese momento chega propóñovos que vos deades unha volta pola canle de youtube do "Centro de Documentación Artes Escénicas y Música", onde poderedes visualizar desde obras completras ata entrevistas a persoerios relevantes no mundo desta arte.

https://www.youtube.com/channel/UC0fUK7G74RygYm_GiRvHkPA



Comentarios