A RAG E PUNTO.GAL BUSCAN OS MELLORES RELATOS

A Real Academia Galega e a Asociación PungoGal acaban de convocar a terceira edición de microrrelatos que xurdiu co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e identidades propias no mundo dixital. 
Duascentas palabras deben abondar a quen queira obter o premio, ese é o límite de extensión dos textos que participen nesta nova edición.





"As novas xeracións propoñen novas formas de crear e as novas tecnoloxías instauran novos modelos de expresión, novas linguaxes. O microrrelato é un xénero especialmente representativo desta nova realidade" expuxo o presidente da Academia, o escritor Víctor Freixanes, "esixe dominio dos recursos expresivos, control da lingua na procura da máxima eficacia posibel, imaxinación, selección argumental..."

A estas técnicas deberán responder os relatos que opten aos nove premios de concurso: tres por categoría, que son a infantil (até os 11 anos), a xuvenil (de 12 a 17 anos) e a de persoas adultas. 
O prazo de presentación de orixinais durará todo o mes de febreiro e a recepción será no enderezo electrónico actividades@academia.gal.  As persoas premiadas serán agasalladas con "distintos premios tecnolóxicos, ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros" relacionados coa lectura.
Ademais os relatos gañadores serán publicados nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes
No seguinte enlace podedes premer para ler polo miúdo as bases do concurso.
Animádevos a participar!!!

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"