ASÍ FOI A CELEBRACIÓN DO NADAL NA BIBLIOTECA

 

   O pasado 20 de decembro festexamos na biblio a fin dun longo primeiro trimestre e a chegada do Nadal. Non atopamos mellor xeito de facelo que coa entrega de premios do concurso "Decora a túa árbore" e a marabillosa actuación musical de dous dos nosos alumnos, Anabel Martínez de 2ºcurso de ciclo medio de Xestión Administrativa e Alexander Capone, de 3º da ESO. Ambos deleitáronnos cunhas panxoliñas, interpretadas por Alexander ao piano e Anabel á voz, e posteriormente Alexander agasallounos cunhas pezas ao acordeón. Un público entregado agasallounos a eles cunha multitude de aplausos, e a petición dalgún bis. Todo un éxito que esperamos que se repita na nosa biblioteca.





  A continuación demos paso á entrega de premios do concurso. Nesta ocasión os adornos premiados foron elaborados por tres rapazas, correspondendo o primeiro premio a Elena Torrado de 2º da ESO, o segundo premio a Antía Souto de 3º da ESO e o terceiro premio a Gabriela Blanco, tamén de 3º da ESO. Este ano cumpríase a segunda convocatoria deste concurso, e puidemos comprobar como vai subindo o nivel de elaboración, creatividade e orixinalidade na realización das propostas presentadas. Todos os adornos que foron achegados á convocatoria serviron para adornar a árbore que iluminou a entrada do instituto durante as festas.





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"