O CLUB DE FANS DE MORGANA

Cinco alumnas de 1º ESO participan no Club de Lectura, acompañadas por Marta Gándara, a profesora de lingua galega. Son cinco valentes dispostas a mergullarse nos moitos mundos aos que nos dá entrada a lectura. 


Para este primeiro trimestre eliximos a obra Morgana a dos ollos verdes, de Pasqual Alapont, a amena e divertida historia dunha rapaza inqueda e deportista, amante do baloncesto e que ten un curioso e divertido admirador. 

Ela mesma defínese así: "Xa non sei como explicarllo á xente: non son a famosa Morgana, a fada de Merlín, senón Morgana, a dos ollos verdes. Acabo de comezar o terceiro trimestre do último curso de Primaria e xa vai sendo hora de decidir o que quero ser de maior. A avoa di que vou ser ministra, porque son moi espelida, pero iso é o que din todas as avoas. A min gustaríame ser xornalista deportiva, para poder entrar en todos os partidos de baloncesto. Aínda non teño mozo mozo, pero Berenguel escribiume unha cuarteta de amor. Non sei que pasa, pero cando nos atopamos, aos dous nos entra a desesperación amorosa e quedamos tesos coma un pau".

No segundo trimestre seguiremos a ler... O libro terá moito que ver coa Costa da Morte.





Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"