III Concurso de Fotografía Matemática: A Simetría


Arrincamos este novo ano propoñéndovos participar no III Concurso de Fotografía Matemática, que ten como protagonista a "Simetría".
Para inspirar este tema presentámovos no cartel do concurso a obra "Bond of union" realizada en 1956 por M.C. Escher.
Este artista neerlandés transforma, de forma plástica, principios, singularidades e movementos da xeometría e topoloxía matemática, creando un mundo imaxinario fascinante na procura do infinito ou de simetrías con cores nalgunhas das súas famosas teselacións.
Inspirádevos e participade!


As bases do concurso son:
Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, orixinais , en branco e negro ou en cor, e cun peso máximo de 1,5Mb. Remitiranse a: concursoponteceso@gmail.com
Cada fotografía deberá ir acompañada do autor da mesma, curso e título (que faga alusión á temática deste ano).
O prazo de entrega estará comprendido entre o 15 de xaneiro e o 1 de marzo de 2020. O xurado estará composto por profesores do IES Eduardo Pondal, que se reunirá o venres 20 de marzo para elixir os gañadores desta edición.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES