TEATRO SOBRE E PARA ADOLESCENTES

“Carlos, me llamo Carlos. Tengo 15 años, o 16. Voy al cole, me aburro, salgo con los colegas al parque, bailo hip-hop… y un día conozco a Claudia y… magia.”

A.K.A. (Also Known As) é o fenómeno teatral da temporada, gañador de catro Premios Butaca (espectáculo de pequeno formato, texto, dirección e actor) e dos Premios Max (autoría revelación e actor protagonista). Este monólogo fala sobre a identidade, da diferenza entre o que sentes que es e o que deter­mina a sociedade que es. Do dentro e do fóra.

Escrito por Daniel J. Meyer, fálanos dun período da adolescencia de Carlos do que nós formamos parte. Relátanos o seu día a día aos 15 anos: o instituto, a terapia, o rexeitamento, a rabia e o medo, os amigos, o amor e o desexo, a inxustiza, a relación cos pais… Un momento no que, por circunstan­cias alleas a el, tremelican os seus cimentos, as súas raíces, a súa identidade. Carlos é adoptado… e os ollos dos demais fan que se plantexe cal é a súa “verdadeira” identidade.

Somos o que os outros ven? O que queren ver? O que mostramos? O que ocultamos? O que emerxe cando estamos sós?

O público convértese en xuíz, testemuña e cómplice da evolución do protagonista, que experimenta todos os prexuízos da sociedade cara ao extranxeiro nun momento delicado para o desenvolvemento da personalidade.

Unha proposta honesta e comprometida coa linguaxe e as inquedanzas dos adolescentes, que en raras ocasións teñen oportunidade de ver e sentir reflectido o seu propio universo xeracional, dirixida con moito dinamismo por Montse Rodríguez Clusella.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"