A PALABRA DO ANO 2019

Cal sería para cada un de vós a palabra que mellor define o que foi o ano 2019?

Deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron termos que o público escolleu en anos anteriores. Palabras que por diferentes razóns resumen o identifican unha realidade destacada no seu ano. Termos que se repetiron día tras día nos medios de comunicación e irromperon con forza na fala cotía da rúa.

Neste 2019 a piques de rematar, cal sería para vós a Palabra do ano?



 A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases.

Primeira fase
Recepción de propostas. Recolleremos todas as suxestións que as persoas que desexen participar nos envíen desde hoxe, 2 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 15 de decembro. Se non te dás decidido por unha, podes mandarnos varias palabras.

Segunda fase
Ábrese o luns 16 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintas persoas participantes. Poderase votar polas finalistas ata o mércores 25 de decembro ás 23:59 horas.

Terceira fase
Tras recontarmos os votos, o venres 27 de decembro desvelaremos cal é a Palabra do Ano 2019.
Anímate a participar na escolla da palabra que mellor define este ano 2019.
Premede na seguine ligazón para participar: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/.


Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"