REMATAMOS O CURSO!! SUXESTIÓNS VERANIEGAS!!

E chegou o fin de curso cos seus apuros e as súas ansias de dar un bo remate a este intenso ano que nos deixa moitos recordos, algúns deles recollidos neste blog. Desde as diferentes seccións facemos esta publicación conxunta para que enchades o voso verán e non nos esquezades ata que voltemos coas pilas cargadas en setembro. Bo verán!

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Ledicia Costas, autora coñecida no eido infantil e xuvenil, acaba de publicar unha novela orientada a un público máis adulto. Sorpréndenos con Infamia, una novela próxima ao xénero negro e cun tratamento de temas que a sitúan lonxe da literatura para todos os públicos. 

Infamia é a historia de Emma Cruz, unha penalista que vai vivir ao espazo rururbano de Merlo, un lugar marcado pola desaparición de dúas nenas, as irmás Giraud, vinte e cinco anos atrás. En realidade, Emma Cruz é só a escusa para contar a historia colectiva de Merlo, volvéndose así forte a ligazón entre o xénero negro e a novela social. É así que Infamia renuncia á estrutura clásica de "descubrir o criminal". Axiña temos sospeitas máis que fundadas de quen se trata e non tardamos moito en chegar á propia narración do acontecido. Interesa máis destapar o universo de miseria moral que envolve o colectivo: as redes de corrupción, o silencio social imposto, a complicidade e sumisión ao poder...


Aquí tedes, pois, unha proposta entretida, estimulante e cunha ollada innovadora.


Non todo van ser lecturas, tamén vos facemos unha proposta cinematográfica: A favorita (The favourite): Século XVIII. Inglaterra está en guerra con Francia. A raíña Ana (Olivia Colman), gravemente enferma, ocupa o trono mentres a súa conselleira e amiga Lady Sarah (Rachel Weisz) goberna por ela. Abigail (Emma Stone), curmá de Sarah, chega a palacio para se pór ao servizo da súa parente, pero o principal obxectivo erá o de recuperar o seu status social. 


Tivo a súa estrea mundial no 75 Festival de Cine Internacional de Venecia o 30 de agosto de 2018, onde obtivo dous premios: o Premio do Xurado e a Coppa Volpi á Mellor Actriz (para Olivia Colman). Foi lanzado en Estados Unidos o 23 de novembro de 2018 por Fox Searchlight Pictures . A película foi aclamada pola crítica, que eloxiou o seu guión, dirección, cinematografía, música, vestuario, valores de produción e as actuacións de Colman, Stone e Weisz.

O American Film Institute o seleccionou como un dos 10 mellores películas do ano 2018 e ademais recibiu dez indicacións ao Oscar 2019 incluíndo mellor película, vencendo só na categoría de Mellor Actriz para Olivia Colman , ademais de conseguir cinco nominacións ao Globo de Ouro.


ARTES PLÁSTICAS

Se este verán queredes informarvos sobre que está a pasar no mundo da arte contemporánea a nivel internacional, propóñovos que visitedes a web da revista LÁPIZ.
LÁPIZ, revista internacional de arte, foi fundada no 1982 por josé Alberto López, director desta publicación desde os seus inicios. A aparición de LÁPIZ no contexto do inicio dos anos oitenta marcou o comezo da profesionalización da crítica de arte neste país. En poucos anos LÁPIZ xa destacaba coma unha das máis interesantes publicacións dentro do grupo de revistas especializadas en arte contemporánea a nivel internacional. Hoxe é a principal revista de arte e estética en língua española do mercado, con proxección e distribución internacionais.

CIENCIAS

Maker Faire Galicia 2019: Maker Faire é a maior feira de creadores do mundo, un escaparate de creatividade e enseño para todos os públicos e disciplinas (robótica, ciencia, música, arte urbana, etc.)

Convértete nun "Argalleiro". Achégate de balde os días 6 e 7 de xullo, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

                                                       


DANZA


Resultado de imaxes para CORPO A TERRA



https://youtu.be/ahiidMl8Df0

Dende o verán 2011, Ourense conta cunha oferta cultural que a través da danza e as artes do corpo promove o encontro do cidadán e turista co espacio urbano. Ao longo de tres días, e cunha programación que se inicia ás 21:00h da tarde, os espectadores percorren a cidade da man deste festival, no que as prazas e recunchos mais emblemáticos, preséntansenos diferentes tras a súa ocupación por parte dos artistas.

Artistas internacionais e galegos, coa especial participación das compañías integradas por coreógrafos, bailarinas e bailaríns de Ourense, serán os encargados das catro actuacións diarias, dunha duración aproximada de 20 minutos, que configura a programación.

XEOGRAFÍA E HISTORIA

Desde o Departamento de Xeografía e Historia imos facer unha recomendación de lectura moi peculiar. Non é un libro, aínda que, obviamente, se pode ler. É unha obriña moi especial, elaborada polos alumnos de 4º da ESO durante todo o curso. É un material inédito, porque moitas das cousas que se contan nunca foron escritas.

É o resultado das modestas investigacións que fixeron estes alumnos para rescatar do esquecemento pequenos datos da nosa intrahistoria, do noso patrimonio. Porque as pequenas historias tamén son historia.


Quen desexe ler a segunda entrega de Memoralia. Cadernos de Historia e Patrimonio, pode preguntar na biblioteca, ou pedirllo a Félix.


Recordade: as grandes esencias ás veces gárdanse en pequenos frascos.

Feliz verán! Máis feliz será se lemos!


LITERATURA EN CASTELÁ


Una vida en palabras, de Paul Auster, editorial Seix Barral.

¿De qué trata? Estas páginas recogen lo más significativo de los cinco años de diálogo entre Paul Auster y la profesora danesa I. B. Siegumfeldt acerca del oficio, el arte y la vida del escritor.

¿Por qué? Perfecto para la legión de incondicionales de Paul Auster, que siempre necesitan más. El libro está plagado de sorpresas y revelaciones que nunca han sido compartidas por el escritor. Una auténtica joya para sus seguidores.


Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2de Francesca Cavallo y Elena Favilli, editorial Destino.

¿De qué trata? El libro reúne cien historias de mujeres extraordinarias de todos los tiempos, desde Beyoncé hasta Rigoberta Menchú pasando por Isadora Duncan y Nefertiti, retratadas por las 50 ilustradoras más destacadas en la actualidad.

¿Por qué? Aunque sea un libro pensado para el público infantil, está lleno de inspiración, y no importa la edad que se tenga para conocer la historia que hay detrás de estas magníficas mujeres. Además, sus ilustraciones te van a conquistar.


El hundimiento del muelle, de Mark Haddon, editorial D.R.

¿De qué trata? El desmoronamiento de un muelle en un pueblo turístico es el punto del que parte la primera de las nueve historias que nos brinda Mark Haddon en su regreso literario. Son nueve relatos de diferentes géneros (aventura, ciencia ficción, realismo) que reflexionan sobre la soledad y las dificultades para conectar socialmente.

¿Por qué? Su primera novela, El curioso incidente del perro a medianoche, fue un auténtico bestseller que vendió más de un millón de copias. La carrera de Mark Haddon quedó en parte eclipsada y sus siguientes títulos no tuvieron demasiada repercusión pero este nuevo libro le vuelve a poner en la escena literaria y deja patente de nuevo que es un gran narrador. Así que, ¿qué mejor opción que llevarse de vacaciones un libro cargado de brillantes relatos?

LITERATURA EN GALEGO

O curso para a recuperación dos puntos do carné de conducir é o elo de unión do mosaico de personaxes que protagonizan Por puntos, a última novela do escritor Manuel Portas, gañador do premio Blanco Amor 2018, que chegou ás nosas librarías o pasado abril. As circunstancias lévannos á creación de relacións fóra do noso espazo de confort e moitas veces a descubrimos a nosa verdadeira identidade e a das presoas que nos rodean. E, coma na vida mesma, o amor como camiño e esperanza. (Recomendado para bacharelato)


Remexido de patacas é a última novela de Eli Ríos e lévanos ao camiño da empatía, da sororidade e da destrución da desigualdade. Unha receita de éxito incuestionable para mellorar a nosa vida e a da xente que nos arrodea, en palabras da editorial. Atréveste a cociñar o cambio? (Recomendado para 1º ciclo da ESO)


Memoria do silencio, finalista do Premio Jules Verne, é a novela de Eva Mejuto que desde a ollada de tres personaxes achéganos ao mundo da opresión nazi e da loita pola liberdade, e de fondo a Galicia da época da II Guerra Mundial. Unha obra cargada de matices onde vive o medo e de represión pero tamén a valentía e o risco valente. (Recomendada para 2º ciclo da ESO)




MÚSICA

Para este verán recomendarvos que acudades a algún dos moitos festivais de música que se reparten por toda a xeografía galega. Sexa cal sexa o voso estilo musical, atoparedes algún evento deste tipo que vos poida interesar: rock,  pop, folk, tradicional, indie, ... á vez que disfrutades da gastronomía, das paisaxes e da xente .  Nesta páxina tedes máis información :

https://www.festivaisdegalicia.gal/es/inicio/



TEATRO

Normalmente no verán a programación teatral sofre un parón, preferimos realizar actividades ao aire libre, e entrar nun teatro pode apetecernos menos. Para non perder o bo costume de ir ao teatro propóñovos que vos deades unha volta pola canle de Youtube chamada "TEATRO", onde poderedes visualizar entrevistas, vídeos promocionais e obras completas!!
Xa sabemos que ver teatro gravado non é o mesmo, pero desde esta canle asistiremos a representación teatrais que doutro xeito non poderiamos facelo.
Este é o enlace da canle da que vos falo, na que atoparedes diferentes listas de reproducción, unha delas cun total de 50 obras íntegras, este é o enlace:
E dentro desta lista está unha das obras que máis disfrutei nos últimos anos, "En un lugar del Quijote" a cargo da compañía Ron Lalá. https://youtu.be/T61VM4NtrXE
Xa sabedes, a deixar voar a imaxinación!

    "En un lugar del Quijote" de Ron Lalá. (Fonte: páxina web da compañía)

TECNOLOXÍA

A miña suxestión é unha película na que se narran os inicios das grandes compañías tecnolóxicas  de Silicon Valley. O seu título é "Os piratas de Silicon Valley" (1999). Os logros dos visionarios Steve Jobs e Bill Gates revolucionan o século XX e inician o camiño que leva ao estado actual do mundo da tecnoloxía. Esta película está dispoñible na plataforma online Vimeo: VER EN VIMEO 



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"