SABÍAS QUE...?

- Sabías como os nosos antergos ergueran a Fornella da Moura ou dolmen de Dombate? Como facían os petróglifos?

- Sabías que os habitantes da Cibdá ou castro de Borneiro non comían pantrigo senón outro pan moito máis raro? Sabías o que bebían, ademáis da auga do manancial?

- Coñeces a lenda do Río do Esquecemento? Como facían os romanos as calzadas?

- Cal foi a poderosísima arma que inventaron os bispos da España cristiá para frear a expansión musulmá? Como enterraban os viquingos aos seus xefes?


As respostas a todas estas preguntas podedes atopalas na Biblio do Insti – onde senón? - na colección “A nosa historia”, da editorial A Nosa Terra, nos libriños titulados “Os prehistóricos”, “Os habitantes dos castros”, “Os galego-romanos” e “Os viquingos en Galicia”, cos simpáticos debuxos de Pepe Carreiro …

Que quen é Pepe Carreiro? Pois … o autor dos Bolechas!

Lembra a máxima do noso arqueólogo-filósofo Tadeo Jones: “Alimenta o teu cerebro!”.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES