ARRANCA O CLUB DE LECTURA
Hai uns días fixemos a xuntanza inicial, chocolatada incluída, para que as seccións do Club de Lectura se reunisen.
Que mellor sitio para encontrármonos un ano máis que a nosa biblioteca, tetricamente decorada para o Samaín?
Algúns grupos xa teñen o seu libro para comezar a ler... Moitos lectores repiten experiencia, outros son novos, non só no Club senón tamén no centro, como os alumnos de 1º ESO, dirixidos pola profesora Marta Gándara.
Recordamos que aínda te podes apuntar nun grupo, nunca é tarde. Pregunta a un profesor encargado da biblioteca, do Club de Lectura (Félix Neira) ou a algún que teña grupo (Jorge Cea, Eva Tizón, Eva Reino, Isabel Segura, Marta Gándara ou Lorena Suárez). Eles daranche información.
Agardamos que as lecturas e a experiencia sexan do voso agrado...
Comentarios
Publicar un comentario