ESPAZO MAKER DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

Moitos de vós xa o saberedes pero non queremos que algúen quede sen se enterar!
O instituto xa ten o seu espazo maker: a covamaker!

Desde principio de curso durante tódolos recreos estamos no taller de tecnoloxía argallando,  fedellando, construindo... Podes vir cando queiras e sumarte ao proxecto que se estea a desenvolver ou, se queres, podes vir  facer realidade as túas propias ideas. Pásate por alí e pregunta!

Non levamos moito tempo pero xa fixemos reloxos de xadrez -construidos e programados por compañeir@s vos@s -, origami, vehículos propulsados, tarxetas de papel con circuitos que as alumean, montamos un robot de Lego que este xoves comezaremos a programar,...

Se nos queredes seguir a través das redes sociais podedes facelo en Twitter e en Instagram: @acovamaker

Comentarios