DE AVENTURAS, MITOS E TESOUROS



A escritora Marilar Aleixandre é autora de varios libros dedicados á mocidade, como demostra o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, no ano 2017.




Nas Xornadas do Club de Lectura do curso pasado, celebradas en Santiago, Marilar Aleixandre realizou un ameno relatorio sobre a literatura e a muller. 

Na obra que hoxe presentamos, A filla do Minotauro, a protagonista é Miranda, unha afouta moza que, acompañada por Antelmo, se suma á loita contra os ladróns de xacementos arqueolóxicos na illa de Sicilia. Antelmo e ela teñen unha misión moi especial, relacionada coa obra do científico grego Arquímedes.



Pero hai tamén outros alicientes. Non falta o amor, claro.Un dos elementos máis atractivos é a combinación da trama narrada co mundo clásico grego, xa que moitas personaxes son unha recreación dos protagonistas da mitoloxía. Así, Oliseus é Odiseo, Polieufemio é Polifemo, Narcurio é o deus Mercurio, Dédalo é De Dalos… Todo ambientado na fermosa e suxerente Trinacria, nome que os antigos daban á illa de Sicilia.

Temos o libro na biblioteca. Chegou hai pouco. Ten aínda o aroma dos libros que ferven a novo cando saen do prelo. Anímaste a estrealo? Pregunta por el e adéntrate na aventura.

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"