TAL DÍA COMO HOXE... fai 238 anos

 

            O 3 de xaneiro de 1783 nacía, oficialmente, a gran potencia mundial da actualidade: Estados Unidos. A prensa nos retransmite, día tras día, case en directo, as noticias do que sucede neste país pero... cando xurde? como? e... realmente xorde o día que conmemoramos? Dende as efemérides deste acontecemento recordaremos as orixes históricas deste país que ten como berce un lugar (a costa leste de América do norte) e un protagonista (un pobo dividido en 13 colonias que intentará liberarse do dominio doutro país, Inglaterra).

ATENCIÓN!!! DANGER!!!

Esta publicación contén “spoilers”

 e o final da historia é xa coñecido para o alumando de bacharelato e 4º da ESO.


Tras o descubrimento do continente americano (1492), as potencias europeas lanzáronse á súa conquista. Así pois, si ben a maioría do sur foi repartido entre Portugal e España o norte quedou en mans de Gran Bretaña e Francia. Dende o século XVII, eses colonos británicos afianzáronse no territorio e, tras unha guerra co seu competidor (Guerra dos Sete Anos) lograron consolidar as súas posesións ao leste do Mississippi formando 13 colonias. En definitiva, un territorio extenso e rico, cuns 2 millóns de habitantes cos que estableceron un “pacto”: a metrópole (Gran Bretaña) monopolizaba as actividades comerciais mentres que os colonos (americanos) lle aportaban materias primas e renunciaban ao dereito a formar industrias que puideran competir coas británicas.

Un trato moi xusto, non si?


        Co paso dos anos o descontento dos colonos foi en aumento, principalmente por dúas cuestións: víanse obrigados a pagar impostos moi altos (cos que Gran Bretaña recupería os gastos da guerra contra Francia) pero, en cambio, carecían de representantes no parlamento inglés. Este último factor imposibilitaba que as súas queixas foran escoitadas e chegar a negociar algúns cambios.

Ata cando serían capaces de manter esa obediencia silenciada?

O punto de inflexión produciuse a finais do século XVIII, un momento no que Europa estaba comezando a vivir un conxunto de transformacións coas que se daba o salto á Idade Contemporánea (crecemento da poboación, aumento da produción agrícola, mellora dos transportes e alternativas políticas ao poder absoluto dos reis). As novidades políticas comezaron a difundirse máis alá das fronteiras europeas e desembarcaron en América coa bandeira da “liberdade” e a “igualdade”. Estes dous principios inspiraron aos colonos no desexo de cambiar a súa situación. Así pois, comezaron a protagonizar protestas e boicots aos produtos ingleses. Ante a presión, o goberno británico retirou as taxas sobre algúns deles (azucre, vidro ou chumbo) pero non do seu produto clave: o té. A reacción dos colonos foi rápida e impulsiva:  o 16 de decembro de 1773 un grupo de colonos disfrazados de indíxenas asaltaron tres buques ingleses que chegaban ao porto de Boston e tiraron ao mar todo o cargamento de té.


O acontecemento pasou á Historia como o “Motín do té de Boston” e aínda que a insurrección foi reprimida rapidamente polo exército afianzou o desexo de insumisión por parte duns colonos que, organizados por George Washington, iniciaron unha guerra contra a súa metrópole en abril de 1775. Nos inicios do conflito e ante a falta de acordos a colonia de Virxinia tomou a iniciativa e proclamou a Declaración de Independencia das Trece Colonias, quedando convertidas nos Estados Unidos de América. Este documento foi recoñecido o 4 de xullo de 1776 como un símbolo da liberación dos colonos do dominio inglés e a data da súa aprobación é celebra como a festividade máis importante do calendario dun estadounidense (desfiles, festivais, fogos de arificio, bandeiras e ata reunindo á familia nunha barbacoa con hamburguesas, canciños quentes e sobremesa de xeado caseiro. Alguén dá máis?).


O certo é que o panorama parece soñador pero non debemos esquecer un pequeno detalle..... a independencia fora declarara polos propios colonos pero non aceptada dende Londres: a guerra non rematara! Duraría uns cinco anos máis, ata que outros países (Francia, España e Holanda) apoiaron aos americanos e tras enfrontarse nunha batalla decisiva (Yorktown) obrigaron ao exército británico a capitular. Así é como un 3 de febreiro de 1783 (fai hoxe 238 anos) Gran Bretaña asumía a independencia dunha parte do seu Imperio e o recoñecía, de forma oficial, nun documento coñecido como o Tratado de París.


O acontecemento de hoxe recordamos foi recollido en multitude de novelas e películas (algunhas delas, como sabedes, están á vosa disposición na biblio) y é que a “Revolución Americana” constituíu un acontecemento de gran impacto na Europa do momento: nacía un novo Estado que se construía sobre unhas bases máis modernas: instauración dunha República formada por unha federación de Estados, promulgación dunha Constitución, instauración dunha clara división de poderes e recoñecemento dunha serie de dereitos considerados fundamentais. Ironías da vida.... estas claves difundiríanse agora dende América ata Europa, cruzando de novo o Atlántico para xestar en Europa un ciclo de revolucións que inaugurarían importantes cambios.


 Enlace ao vídeo:  https://www.youtube.com/watch?v=LUkAtK3If4Q

 

 Nas efemérides deste acontecemento preguntámonos:

Tería imaxinado Europa que as ideas que circulaban polo seu continente servirían de inspiración para a emancipación dos seus “veciños” do outro lado do Atlántico?

Tería imaxinado Europa que ese “agasallo” aos colonos lle sería devolto en forma de novas claves para avanzar como sociedade?

 En definitiva, demostra a Historia que as boas decisións do presente nos poden ser gratificadas nun futuro?

Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"