NOVAS CONVOCATORIAS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

Febreiro podemos dicir que  é o mes do amor, celebremos a candeloria (2 de febreiro, tempo no que se di que casan os paxariños) ou o xa máis internacionalizado e comercializado 14 de febreiro. Aínda que o día oficial xa pasara e, a pesares de que non é preciso que nos marquen no almanaque unha data para expresarmos os nosos sentimentos, sempre vén ben incentivar a nosa expresividade en lingua galega, de aí que vos convidamos a que parcipedes nun concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega.




Trátase do concurso Lingua de namorar 2021 organizado pola Direccion Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais Secretaría Xeral de Política Lingüística. Está dirixido a todos os mozos e mozas entre 14 e 35 anos, organizados en dúas categorías por idades así como dúas modalidades de participación para enviar as vosas mensaxes: ben , cubrindo un modelo de formulario ofrecido na mesma páxina, ben a través de Instagram. 

Tedes toda a información no seguinte enlace: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0123/

Por outro lado, tamén vos contamos que ata o 28 de febreiro estades en prazo de participar no IV Certame de Microrrelatos organizado pola Real Academia Galega xunto coa asociación Punto Gal. Tedes tamén as bases deste concurso no seguinte enlace: https://relatos.gal/.

Animádevos a participar!!



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

POESÍA Y REDES SOCIALES