COME O ENTROIDO!
Achégase o entroido, festa na que os costumes se relaxan e o humor se impón como protagonista. E como non podía ser doutra maneira na nosa terra, a festividade vai da man da gastronomía. Se hai un momento do ano onde os máis larpeiros poden atopar a felicidade absoluta ese é Entroido.
Propoñémosvos dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca que amosedes as vosas habilidades culinarias e nos conquistedes coa elaboración dun prato ou sobremesa propios desta festividade.
Como debido a actual situación derivada da pandemia non poderemos degustar as voas elaboracións, conformarémonos con que nos enviedes unha foto acompañada da receita escrita en galego.
Podedes enviarnos a foto ao correo da biblioteca: biblioaponte@gmail.com ou subila ao voso Instagram co hashtag #comeoentroido# e etiquetando a @biblioaponte. Queremos ver como gozades do entroido!
Comentarios
Publicar un comentario