LINO BRAXE, O DANDY LÚCIDO
LINO BRAXE, O DANDY LÚCIDO.
O día de Nadal de 2020 morría na Coruña Lino Braxe, tan polifacético como creativo: era unha máquina artística. Sempre se declarou poeta, o resto (xornalista, debuxante, actor e director teatral, actor de dobraxe… ) era secundario para el, aínda que ocupase boa parte da súa vida.
Desde o seu Banquete ata as últimas publicacións e espectáculos, un rosario de obras de moi difícil clasificación pola súa heterodoxia e cun elo común: a lucidez. Mergullándose no máis fondo da propia traxedia humana e tan preto da dor colectiva, el que nunca afastou o sorriso da súa boca. Invocando amores idealizados (ou non) e entrando na comedia. Sempre empático no seu entrono e sempre comprometido coa súa xente, co cambio social.
Non houbo muíño contra o que non arremetese.
Para esta que escribe a súa morte foi ademais un coitelo no medio das vísceras. Morreu o amigo.
Anímovos a retomar A caricia da serpe e reler os poemas dun libro colectivo convertido en fito literario, ese co que empezou a afondar a nosa amizade: De amor e desamor.
Comentarios
Publicar un comentario