O TRABALLO NON PARA NOS CLUBS DE LECTURA!
O entusiasmo dos nosos lectores fai que a actividade nos clubs sexa moi dinámica. Algúns xa remataron o seu primeiro libro, é o caso do club de lectura de ciencias, están, polo tanto, pensando en cal vai ser a próxima lectura.
Un ritmo máis lento levamos no club de 3º ESO onde a lectura de Remexido de patacas está sendo intensa, máis profunda de acordo ao tema tratado na novela: a violencia de xénero.
E, finalmente, no club de lectura de 1º ESO comezamos a traballar no proxecto de sinalizar todo o centro con pictogramas; organizados en catro gupos de traballo segundo os andeis dos dous edificios do noso centro, comezouse a traballar no deseño dos pictogramas para os diferentes espazos.
Todo un Plan de rescate ideado para o noso centro!
Comentarios
Publicar un comentario