Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

E no noso instituto non iamos deixar pasar este día sen celebralo!

Por unha banda teremos unha actividade organizada polo Club de Ciencias. Trátase dunha charla impartida por Nieves Vidal González, do instituto de Investigaciones Agrobiolóxicas de Galicia. A nosa invitada é científica titular do Consello Superior de Investigacións Científicas desde o ano 2009. Seguro que nos conta algo sobre a clonación de árbores e nos presenta a "Gladiator", un exemplar de amendoeira moi especial para ela.

Tamén teremos unha actividade da Cova Maker, a presentación do proxecto Cansat 2021. Este proxecto está lanzado pola Axencia Espacial Europea e trátase dunha competición na que o noso equipo Pontesat xa participou o ano pasado quedando no segundo lugar na fase rexional. Así que os nosos mozos e mozas queren repetir experiencia e volven intentar o lanzamento do seu satélite. Están a traballar a reo e mañá fan a presentación oficial do seu proxecto para este ano.

Se queredes seguir as andanzas dos vosos compañeir@s non dubidedes en facelo a través do Instagram en @pontesat__ (dobre barra baixa) ou en Twitter en @pontesat.

A pola Ciencia, rapazas!



Comentarios

Publicacións populares

...PORQUE LAS ESTIRPES CONDENADAS A CIEN AÑOS DE SOLEDAD NO TENDRÍAN UNA SEGUNDA OPORTUNIDAD SOBRE LA TIERRA

EXTRAORDINARY WOMEN

MAUS, A HISTORIA DISFRAZADA DE FÁBULA.

CÓMIC INSPIRADO EN LA LEYENDA EL MONTE DE LAS ÁNIMAS DE GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER

EUPHORIA, UNHA SERIE QUE MOSTRA O SUFRIMENTO DOS ADOLESCENTES

8 DE MARZO NO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO

ESOPÍAS?

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS: O DÍA DA MARMOTA GALEGO OU O DÍA DE SAN VALENTÍN?

"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO"